ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Entrevistas de Dual Intensiva

Entrevistas de Dual Intensiva

CIFP A FARIXA

Entrevistas de Dual Intensiva


CIFP A FARIXA

Acreditacións

Acreditacións

CIFP A FARIXA

Acreditacións


CIFP A FARIXA

Aula Virtual

Aula Virtual

CIFP A FARIXA

Aula Virtual


CIFP A FARIXA

Punto laranxa contra o acoso escolar

Punto laranxa contra o acoso escolar

Punto laranxa contra o acoso escolar


OFERTA EDUCATIVA 2025 - 2026

                                               Prazo do proceso de admisión a ciclos para o curso 2025/2026                                        

                                                Oferta Ordinaria e Modular                        Oferta Dual Intensiva                                          


 

                                                                                             

PUBLICACIÓN:  Convocatoria de mobilidades Erasmus de alumnado de Ciclos Superiores para realización da FCT no estranxeiro no período setembro - decembro 2025               


                                                        

 

                                   Convocatoria probas acceso ensinanzas deportivas Curso 2025/2026   -  CIFP A Farixa                         
 

RESOLUCIÓN   -   CALENDARIO   -  RELACIÓN DEFINITIVA PERSOAS INSCRITAS   -  CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

 

 

Remadas de equipo: xornada de Rafting e Convivencia do 1º de FP Básica

O descenso en rafting polo río Miño, á altura de Arbo, foi o núcleo da xornada.
Entre remuíños e rápidos, o alumnado e o profesorado de 1º de FP Básica “sincronizaron remadas e manobras “ para dominar a corrente.
A forza da auga e a adrenalina compartida esixiron comunicación clara e apoio mutuo a cada instante. Ese desafío colectivo xerou confianza espontánea e celebracións conxuntas tras cada tramo superado. Así, a convivencia xurdiu como consecuencia natural: estreitáronse lazos e apareceu o espírito de equipo.   . . . . máis información
 
 

  


 

Celebración do Día das Letras Galegas 2025

Un fiadeiro cheo de risas, cantigas e pandeiretas!

O venres 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicado á tradición oral, cunha actividade moi especial que nos fixo cantar, rir e sentirnos máis preto as nosas raíces.
 
Comezamos coa presentación do libro Risas e farras coas cantigas da avoa, da ourensá Sonia Moral Álvarez. A autora contounos que este libro é un sentido homenaxe á súa avoa, unha muller con memoria prodixiosa que gardaba na súa cabeza ducias de cantigas tradicionais, que son as recollidas neste libro. 
 
Aprendemos tamén o significado dunha palabra fermosa e chea de historia: fiadeiro. Un fiadeiro era moito máis ca unha reunión para fiar: era un encontro social onde a música, o baile e o canto eran os verdadeiros protagonistas. Un espazo de convivencia e transmisión oral que hoxe queremos recuperar e reivindicar.
 
Despois da presentación, tivo lugar o obradoiro de pandeireta e canto tradicional, no que o alumnado participou con moita ilusión e entusiasmo. Da man da autora e con moito ritmo, conseguimos cantar e tocar varias cantigas, incluída unha muiñeira que puxo a todos e todas a bater palmas e pés.
 
Foi unha experiencia emocionante, chea de aprendizaxe, memoria e comunidade. Dende a biblioteca, queremos agradecer a todas as persoas que participaron e, moi especialmente, a Sonia Moral por compartir connosco o seu libro, e a Eva Vaquero e Iria Fírvida polo obradoiro de pandeireta!

 


 

Encontro con autores: "Os corpos fráxiles" de Sofía Rovira

Sonia é Licenciada en Psicoloxía e Filosofía, bailarina e agora está a facer o doutorando en literatura na Universidade de Yale. Compartiunos a viaxe que a levou a escribir a súa primeira novela. Confesa que sempre lle gustou escribir, e que se este libro viu a luz foi grazas á participación nun concurso de Aira Editorial, onde acadou o segundo posto. Axudáronlle moito o resto dos participantes no certame, xa que se facian suxestións e recomendacións os uns aos outros que enriqueceron as súas obras.
 
Agora xa está inmersa na escritura dunha segunda novela que explora as contradicións de personaxes que son líderes e loitan polo ben común pero que, na intimidade, revelan actitudes profundamente machistas. Esperamos ansiosos/as a súa publicación!!! 
 
Se aínda non coñeces "Os corpos fráxiles", non perdas a oportunidade de mergullarte nesta historia baseada no último ano de vida da avoa da autora! Nela abórdanse, entre outros, o tema das relacións entre netos e avós, así como o dos coidados a netos e avós. Tela dispoñible na biblioteca! . . . . máis información
 

 

Primeiro posto nas Olimpíadas de Telecomunicacións

O alumnado do 1º curso do ciclo superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos acada por terceira vez consecutiva o primeiro posto nas Olimpíadas de Telecomunicacións celebradas na escola de enxeñería de telecomunicacións sita en Vigo.
Este primeiro posto, aparte do premio económico que acadaron os alumnos, dálle a oportunidade ó noso alumnado de representarnos na fase nacional competindo cos mellores proxectos do país.
Moita sorte nesta seguinte etapa e norabora polo éxito acadado  .  .  .  máis información
 

 


 

                                         
         
Fútbol Sala   Instalacións solares   Socorrismo

Atrévete 2025. CEIP Os Blancos e CEIP Vicente Risco de Cualedro

O venres, 11 de abril, recibimos a visita do CEIP Os Blancos e do CEIP Vicente Risco de Cualedro dentro do programa ATRÉVETE 2025.
Visitou os estudios de audiovisual e VDJ, Robótica e o contedor marítimo convertido nunha aula tecnolóxica de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, aerotermia e xeotermia).
Para rematar, asistiu no pavillón polideportivo a una sesión de xincana.
Grazas por visitarnos e pola vosa participación  . .  . . máis información
 
     

        


 

CICLOS SUPERIORES


CICLOS SUPERIORES

CICLOS MEDIOS


CICLOS MEDIOS

FP DUAL


FP DUAL

FP DISTANCIA


FP DISTANCIA

FP BÁSICA


FP BÁSICA

ENSINANZAS DEPORTIVAS


ENSINANZAS DEPORTIVAS

loading...