ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Calendario escolar

Calendario escolar

Curso 2025 - 2026

Calendario escolar


Curso 2025 - 2026

Aula Virtual

Aula Virtual

CIFP A FARIXA

Aula Virtual


CIFP A FARIXA

Acreditacións

Acreditacións

CIFP A FARIXA

Acreditacións


CIFP A FARIXA

Punto Laranxa

Punto Laranxa

CIFP A FARIXA

Punto Laranxa


CIFP A FARIXA

 

                      

O Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa anuncia a apertura do prazo de inscrición para a segunda edición da súa Formación Acelerada, un programa intensivo dirixido a preparar profesionais cualificados nun sector en pleno crecemento: o das enerxías renovables.

As persoas interesadas poden solicitar información a través do teléfono 988 783 012 ou do correo electrónico cifp.farixa@edu.xunta.gal.

O período de inscrición permanece aberto ata o 18 de decembro de 2025, e as clases darán comezo en xaneiro de 2026. A formación, cunha duración de pouco máis de cinco meses, ofrece dúas especializacións diferenciadas.


 

Visita a Inditex

O alumnado dos segundos cursos de Enerxías Renovables, Termalismo e Benestar e Guía, Información e Asistencia Turísticas viaxamos a Arteixo para visitar as instalacións de Inditex. Alí puidemos percorrer varias zonas de traballo para ver parte do proceso de deseño, produción, promoción e distribución da empresa. Quedamos abraiados co seu sistema de funcionamento e os espazos de traballo. Agradecemos a Inditex a posibilidade de coñecela un pouco máis de preto e a amabilidade do persoal que nos atendeu.  . . . máis información
 
 
 
 

Xornada de Voluntariado no Banco de Alimentos

O xoves, 27 de novembro, o noso centro viviu unha fermosa xornada de compromiso e solidariedade fóra das aulas. Un nutrido grupo de alumnos e alumnas participaron nunha actividade de voluntariado no Banco de Alimentos de Ourense. Os protagonistas desta iniciativa foron os estudantes dos catro grupos de Formación Profesional Básica (FPB), xunto cos compañeiros e compañeiras do 2º curso do Ciclo Medio de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación.. . . máis información

 
 
 

 

O alumnado de Turismo participa nunha nova edición de XANTAR

O alumnado das titulacións de Turismo do CIFP A Farixa realizou días atrás unha visita formativa á feira XANTAR 2025, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. Durante a xornada, os estudantes tiveron ocasión de coñecer de preto a oferta gastronómica presentada por produtores e entidades de diversas rexións nacionais e internacionais.

As diferentes actividades propostas polo evento —catas comentadas, obradoiros especializados e showcookings— permitíronlles ampliar a súa visión sobre as tendencias actuais do turismo culinario. Ademais, os expositores achegáronlles información valiosa sobre estratexias de promoción ou as posibilidades de acollida para prácticas das titulacións que cursan, ademais de diferentes posibilidades de inserción laboral vencelladas ao turismo gastronómico . . . . máis información

 


 

Vilebramos o día das librarías visitando Re-read Ourense!

O alumnado de 1º e 2º de FPB de Electricidade e de 2º de FPB de Control de Acceso e Mantemento de Instalacións Deportivas visitou a libraría de segunda man Re-read de Ourense, onde Isa nos recibiu cun sorriso e nos contou a súa inspiradora historia emprendedora: como se reinventou tras a COVID, unindo a súa paixón pola lectura coa necesidade de atopar un traballo e o compromiso coas persoas e co medio ambiente.   . . . máis información
 
 
 

 

Galicia Skills 2025

O CIFP A Farixa brilla nas competicións de Formación Profesional GaliciaSkills 2025

O talento e o esforzo do alumnado da Farixa sobresaen un ano máis

O CIFP A Farixa de Ourense volve situarse entre os centros máis destacados de Galicia nas competicións autonómicas de Formación Profesional GaliciaSkills 2025, grazas ao excelente traballo do seu alumnado e profesorado . .  .  . máis información

 
 

PRACTICA O TEU INGLÉS          

            

 

 
Se queres practicar o teu inglés, anótate aos nosos faladoiros.
 
 
 
         
Na biblio ou na cafetaría de 10:30 a 11:30 os mércores poderás practicar o idioma co asistente de comunicación, Nick.      
 
Non perdas a oportunidade de coñecer tanto a cultura americana, como as oportunidades de traballo ou estudo.
 
Pasarás uns momentos divertidos ao mesmo tempo que practicas inglés.
 
 
 
 
 
 
 

 

 


         Convocatoria extraordinaria proba específica de acceso nivel I de grao medio especialidade Fútbol Sala no Centro autorizado CENTED Ourense
   

RESOLUCIÓN PROBA FÚTBOL   -    RESOLUCIÓN PROBA FÚTBOL SALA     -    CALENDARIO PROBAS    -    RESOLUCIÓN DEFINITIVA ADMITIDOS

CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS FÚTBOL  -  CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS FÚTBOL SALA   



 

Resolución da dirección Xeral de formación Profesional
RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE CONVOCAN, CON CARÁCTER EXTRAORDINARIO, AS PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO CICLO INICIAL DO GRAO MEDIO EN SENDEIRISMO, AO CICLO FINAL DE GRAO MEDIO EN MEDIA MONTAÑA, AO CICLO FINAL DE GRAO MEDIO EN BARRANCOS E AO CICLO FINAL DE GRAO MEDIO EN ESCALADA, CONDUCENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO DEPORTIVO EN MEDIA MONTAÑA, TÉCNICO DEPORTIVO EN BARRANCOS E TÉCNICO DEPORTIVO EN ESCALADA, SOLICITADAS POLO CAD SAFE FORMACIÓN DE OURENSE. 
  RESOLUCIÓN CONVOCATORIA                 CALENDARIO             LISTA DEFINITIVOS ADMITIDOS        CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS    

 

                                                                                       

                                    PROGRAMA FSE  +  GALICIA 21 - 27
                              

          
 
Actividades Curso 2025 - 26      

CICLOS SUPERIORES


CICLOS SUPERIORES

CICLOS MEDIOS


CICLOS MEDIOS

FP DUAL


FP DUAL

FP DISTANCIA


FP DISTANCIA

FP BÁSICA


FP BÁSICA

ENSINANZAS DEPORTIVAS


ENSINANZAS DEPORTIVAS

loading...