ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita guiada por Ourense

Hoxe desfrutamos dun guiado polo centro de Ourense grazas ao traballo do noso alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Guía Información e Asistencia Turística. Acompañáronnos no percorrido, compañeiros do IES Vilamarín e un grupo de estudantes do IES Bahía de Marbella que xunto cos seus profesores Rafa e Bea viñeron a coñecer Galicia. É un pracer ver como os nosos alumnos e alumnas se converten en auténticos profesionais.




 

O alumnado de 2º de Produción visita a CRTVG

O alumnado do ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa visitou as instalacións da CTVG en San Marcos. Durante o percorrido asistiron á gravación en directo do informativo "Bos días", coñeceron o funcionamento interno dos programas e mesmo chegaron a participar en directo co presentador Kiko Novoa no directo da Radio Galega, con quen comentaron a súa visión da produción e como ven o seu futuro laboral.




Clase dirixida de Lázaro Boby Combat

Hoxe gozamos dunha clase dirixida por Marcos (monitor do ximnasio San Lázaro Gym), denominada Lázarocombat. A sesión foi dirixida ao 2º curso do ciclo superior de Acondicionamento Físico





Olimpiadas de Telecomunicacións na Universidade de Vigo

Visitamos as instalacións da Universidade de Vigo donde indicaron as bases da competición os alumnos da Farixa participantes. Tamén poideron coñecer as instalacións das cámaras anecoicas para probas electromagnéticas e acústica.




 

Clase dirixida de alta intensidade por tempo e soporte musical

Hoxe visitounos Bea Feijoo, monitora do ximnasio Paco Paz, para ensinarnos unha modalidade de alta intensidade por tempo e soporte musical.