Estilo afrobrasileiro. Capoeiraisita
O alumnado do 1° curso de Acondicionamento Físico gozou coas ensinanzas do mestre Adel e da mestra Frani. Capoeira en estado puro.


Parque experimental Sotavento
O alumnado dos Ciclos Superiores de: Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica, Enerxías Renovables e Proxectos de Edificación visitan as instalacións do Parque Eólico Experimental de Sotavento, onde un dos seus principais atractivos é a casa bioclimática, ademáis dos aeroxeneradores, unha pequena planta solar fotovoltaica...





Cultura Castrexa. Recuperando as raíces
Coñecer a organización social, política e a forma de vida desta cultura prerrománica, axudou ao alumnado dos ciclos de Turismo a entender as herdanzas da nosa terra e actual sociedade.
Da man de Estefanía González, antiga alumna do nos centro, e de Jose Carlos Carrasco do Parque Arqueolóxico da cultura castrexa (PACC); coñecimos de xeito práctico as funcións que se desenrrolan nun centro interpretativo e súa complementariedade no traballo da interpretación do patrimonio dunha zona, ofrecéndonos e compartindo co noso alumnado consellos técnicos e profesionais como mediadores culturais.
E por suposto, tivemos a oportunidade de percorrer in situ o 15% da extensión excavada do total de 10 hectáreas que se estima que ten o castro de San Cibrán de Lás.





Recoñecendo a nosa contorna rural para poñela en valor como atractivo turístico da provincia
O alumnado de 1º e 2º curso do ciclo superior de Guía, información e asistencia turísticas e de 2º de AAVV e xestión de eventos, participou nunha actividade de sendeirismo de A Peroxa a Os Peares, almorzo e visita ao museo do Lebre e adega Vides Singulares grazas á colaboración do CIFP A Farixa e do CIFP Vilamarín con Adercou. Foi unha xornada moi interesante de recoñecemento da nosa contorna rural na que o alumnado, acompañado dos guías de Xeitura, descubriu diferentes recursos que se poden por en valor na nosa provincia e, durante a mesma, compartiron experiencias co alumnado do CIFP Vilamarín intercambiando intereses e inquietudes. Unha actividade moi enriquecedora e gratificante para todas e todos.
#cifpafarixa #turismo #fpgalicia #ourense #formacionprofesional #aprenderfacendo #Adercou




Conferencia Alexandra Seara e visita a Xantar
O alumnado do Ciclo Superior de Guía, Asistencia e Información Turística e do Ciclo Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, desfrutaron esta mañá da conferencia de Alexandra Seara Sobrino, xerente do Consorcio da Ribeira Sacra sobre a xestión de desenvolvemento local, accións promocionais levadas a cabo no xeodestino.
A continuación, desprazámonos ao recinto feiral Expourense, onde está a celebrarse a Feira Gastronómica "Xantar", para visitala e asistiron á ponencia "Costa Rica como destino turísico e gastronómico"
#fpgalicia #cifpafarixa #fpdual #ourense #turismo



