Visita a Sende e Vilanova dos Infantes
O pasado 17 de setembro, o alumnado de 2º GUIA, 2º STI, 2º de Turismo Dual e 2º Termalismo Dual tivo a oportunidade de visitar Sende, un espazo de coworking e coliving situado na pequena aldea de Senderiz, de tan só uns 40 veciños, e que hoxe en día se converteu nun punto de encontro para "knowmads" de todo o mundo.
Durante a nosa visita, os/as estudantes puideron interactuar con varios emprendedores e emprendedoras que amablemente compartiron as súas experiencias e traxectorias profesionais.
Entre elas estaba Carola, unha española centrada na recuperación de técnicas de construcións tradicionais. En Sende, prepara os seus proxectos antes de levar a cabo en diferentes localizacións a labor manual que estes proxectos implican.
Teresa, pola súa banda, falounos do mundo do deseño publicitario dixital, explicando como crea eses anuncios que aparecen en Youtube ou durante os nosos xogos de móbil favoritos.
Mónica, orixinaria de México, compartiu a súa visión de emprender e abrir o seu propio coliving. Tamén Theis, un mozo danés de tan só 23 anos que actualmente traballa na creación de vídeos corporativos, manifestou a súa ambición por desenvolver o seu propio proxecto de coworking-coliving.
A xornada culminou cunha visita guiada por Vilanova dos Infantes, na que estivemos acompañandos por Aquilino, da fundación Curros Enríquez. Alí, exploramos a rica historia da vila, admiramos a Torre da Homenaxe, descubrimos o museo dos zapateiros e quedamos fascinados pola misteriosa cova que se estende baixo a superficie.
Moiras grazas a Edo e María por abrirnos outra vez as portas de Sende! E á Fundación Curros Enríquez pola interesante visita a Vilanova dos Infantes!