Emprendemento dixital: Como crear o teu negocio deportivo en liña.
Este martes, 8 de outubro, contamos cunha visita única, a da coach Claudia López Cascón, máis coñecida como @claudialifter.
Explicounos como transformou a súa paixón polo deporte nunha carreira dixital como emprendedora de éxito, aprendendo a crear unha marca persoal e a medrar nas redes sociais. Despois, o alumnado de ensinanzas deportivas tivo unha sesión de adestramento no polideportivo.
Moitas grazas, Claudia, e a todos/as os/as participantes.