Visita do alumnado de turismo á feira de Termatalia
O pasado 27 de setembro o alumnado dos ciclos de Turismo acudiu ó Encontro Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar (Termatalia) que se celebrou en Expourense na súa 22ª edición. Dentro do Congreso Internacional sobre Auga e Saúde asistiron a unha sesión informativa acerca de proxectos de investigación que vinculan o turismo de balneario coa intelixencia artificial. A continuación puideron disfrutar da feira e de todos os seus stands.
Unha xornada diferente e enriquecedora para todos eles.