ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Obradoiro de habilidades sociais a través do teatro

O luns 14 de outubro os alumnos e as alumnas de 1º de Video Disck-jockey participaron no "Obradoiro de Habilidades sociais a través do Teatro" organizado pola Biblioteca e impartido por Modesto Corderí Novoa - @modestocorderi.

Neste ano no que o lema das bibliotecas escolares é "Bibliotecas escolares, a escena", o alumnado traballou na mellora das súas habilidades socias e comunicativas saíndo a escena e amosando unha extraordinaria creatividade nas improvisacións teatrais que lle foron propostas polo excepcional Modesto, quen o guiou e acompañou ao longo de todo o proceso.

Houbo de todo: dinámicas do máis variado, improvisacións teatrais, creación de historias en grupo que despois houbo que representar, escenificación de poemas da nosa Rosalía, e moito máis. 

Pasamos un momento moi instructivo e divertido! Na reportaxe fotográfica podedes ver algúns dos mellores momentos das actuacións.