Proxecto ACDMAR Laboratorio inclusivo do patrimonio marítimo pesqueiro
O alumnado de primeiro curso do ciclo de Guía, está a participar no proxecto ACD _MAR Laboratorio para o fomento da accesibilidade e inclusión de persoas con discapacidade nas actividades de promoción do patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
O pasado 29 de Outubro fixemos con FUNDAMAR e membros da Asociación AMICOS unha visita ao porto pesqueiro de Vigo para coñecer o seu patrimonio marítimo de primeira man. De este xeito puidemos coñecer aos cetreros do porto que traballan con águilas para controlar as gaivotas que se acumulan no porto cando chegan os barcos pesqueiros. Tamén visitamos un viveiro de marisco onde coñecemos as especies que se comercializan dende o porto de Vigo, e por último visitamos o estaleiro de CARDAMA, un bo exemplo de industria naval que puidemos coñecer dende dentro.
Despois de visitar todos estos recursos que forman parte do patrimonio marítimo pesqueiro, chega o momento de participar no proxecto facendo propostas que melloren a accesibilidade.
Así que está nas mans do noso alumnado idear estas propostas para facelas posible. Moito ánimo!