Visita do alumnado de turismo ao salón internacional XANTAR
O alumnado dos ciclos de Turismo visitou o pasado 24 de outubro XANTAR, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que tivo lugar en Expourense. Desfrutamos coñecendo os diferentes territorios que participan a través da degustación da súa cociña e produtos tradicionais, como por exemplo a "Festa da faba", do concello de Ponteceso, o "Pastel de Chaves IGP" ou a "Morcilla de Burgos IGP".
Foi unha magnífica oportunidade para coñecer a profesionais que se esforzan cada día por poñer en valor a gastronomía e o turismo. Tamén tivemos compañeiros/as colaborando no stand FP da Xunta de Galicia dando información sobre os ciclos que se ofertan e comentando a súa experiencia como alumnado.