ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Obradoiro Intelixancia Emocional

Estefanía Zardoya Cabo é médica, coach certificada pola ICC e membro dos grupos de traballo de SemFyC de saúde baseada nas emocións e comunicación.

Este martes, 5 de novembro, impartiu 2 talleres de Intelixencia Emocional ao alumnado de 1º FPB.

O obxectivo principal deste taller foi acompañar aos participantes á reflexión e aprendizaxe en diferentes competencias emocionais que lles permitirán incrementar o seu nivel de conciencia, autoeficacia e habilidades de comunicación para poder dirixirse a si mesmos como emprendedores e poder relacionarse mellor con clientes e colaboradores.