"ELEVATOR PITCH" e "TENDENCIAS NO SISTEMA PRODUTIVO"
O martes 5 de novembro visitounos Natalia Cordero de Fundación Ronsel.
Na sesión de Pitch abordou como realizar unha proposta de valor que vai diferenciarnos á hora de competir no mercado ao que nos diriximos, onde está a nosa aposta para xerar a atracción de cliente. Na sesión de Tendencias analizáronse as tendencias que permiten identificar oportunidades emerxentes no mercado. Comprender o que está en demanda ou o que os consumidores están a buscar pode axudar a adaptar a túa oferta de produtos ou servizos de maneira máis efectiva.