ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Creación de vídeos contra a violencia de xénero

 Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos instruíron aos estudantes do IES Ferro Couselo na creación de vídeos contra a violencia de xénero e para promover as relacións afectivas saudables

Un grupo de alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa desprazáronse ata o IES Ferro Couselo para axudar aos estudantes de 4º da ESO na realización de vídeos contra a violencia de xénero e para promover as relacións afectivas saudables. A xornada resultou moi proveitosa para todo alumnado e está previsto que os estudantes da Farixa sexan xurado dun concurso do IES Ferro Couselo no que se elexirán os mellores vídeos para concienciar á sociedade.