Charla coloquio: "Emprendendo na cultura dende o asociacionismo"
Mesa arredor do proxecto de A Maquinadora, baixo o título: Emprendendo na acción cultural desde o asociacionismo.
O Caso da Maquinadora, permitiu ao alumnado dos ciclos de Produción de Audiovisuais e Espectáculos e VideoDJ e Son achegarse de primeira man ao caso real de emprendemento da Asociación Cultural A Maquinadora. Aarón Ibarra e Javier Santana, os dous exalaumnos do Ciclo de Produción da Farixa, desgranaron a súa experiencia na produción do proxecto Estudios Abertos Ourense, pero máis aló disto, transmitiron ao alumnado o entusiasmo e o desexo de aprender que debe estar sempre no centro, segundo eles, dos proxectos culturais.
Os dous convidados contaron as súas experiencias profesionais e destacaron as chaves que, ao seu ver, son elementos indispensables para acadar bos resultados nos proxectos que poida emprender o alumnado.
Foi unha charla gratificante e distentida que finalmente soubo a pouco.