Encontro Enfócate na Cidade da Cultura
O premio Pulitzer de Fotografía Emilio Morenatti ofreceu unha masterclass aos alumnos e alumnas do ciclo de Técnico de vídeo disc-jockey e son e do ciclo de Produción de audiovisuais e espectáculos do CIFP A Farixa. A masterclass formou parte da programación do encontro Enfócate, celebrado na Cidade da Cultura e no que os estudantes tamén tiveron a ocasión de participar en diferentes talleres impartidos por representantes de firmas reconocidas como Sony, Canon España ou Fujifilm, entre outras.