ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Curso de manexo de EPI's para traballos en altura

O mércores, 11 de decembro, o alumnado dos ciclos superiores de enerxías renovables e de eficiencia enerxética e enerxía solar térmica, tivo unha xornada práctica nas instalacións da empresa PREVENKING S.L. sobre o manexo de EPI's para traballos en altura, coa colaboración do ISSGA.
 
Nesta actividade aprendeu a usar os arneses para traballos en altura, elementos de amarre, absorbedores de enerxía, anticaídas deslizantes, bloqueadores, descensores,... así como a súa aplicación en escaleiras e escadas. 
 
Tamén aprendeu o principios da instalación de liñas de vida e como realizar tanto autorrescates como rescates de operarios pendurados.