Presentación Olimpiadas de Telecomunicacións 2025 na Universidade de Vigo
O alumnado de 1º de STI acudiu á presentación das bases das olimpíadas de telecomunicacións para este ano 2025.
Tamén descubriron algunhas das distintas dependencias na universidade de Vigo donde se fan proxectos de investigación.
En primeiro lugar visitaron o CES (Clean Energy Ship) un proxecto de máis de 40 estudantes e profesores/as donde levan catro anos desenrrolando un barco sostible e que navega con enerxía limpa.
Logo escoitaron atentamente as explicacións no laboratorio de redes de 5G & 6G onde nos explicaron as súas picoceldas de telecomunicacións e os seus servidores para lograr unha rede propia.
Finalmente viron distintos proxectos que se levan a cabo no spaceLab, onde fabrican pequenos satélites con distintas finalidades para a investigación no espazo.