Visita Técnica al Hotel Barceló Ourense
O 31 de xaneiro o alumnado de segundo curso da Dobre Titulación de Turismo visitou as instalacións do Hotel Barceló Ourense.
Dentro do módulo de Organización de Eventos, o alumnado acompañado da súa profesora, foi recibido neste importante e emblemático Hotel ourensán, para ver in situ as instalacións dos diferentes departamentos: pisos, restauración e eventos.
O antigo Hotel San Martín de Ourense, na actualidade pertencente á cadea internacional Barceló, trala súa reforma por Barceló Hotel Group, loce fantástico: estilo, elegancia, deseño innovador e bo gusto, rezuman por todas as súas esquinas... Moitas grazas a Javier Estefanell polo seu tempo, por abrirnos as portas da súa "casa" e por compartir coñecemento, experiencia e paixón, durante dúas horas moi agradables e instructivas!




