Visita Parque Eólico Experimental e Vivenda Bioclimática da Fundación Sotavento
O pasado martes 4 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior de Enerxías Renovables, do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación e do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións realizou unha visita ao Parque Eólico Experimental e á vivenda bioclimática da Fundación Sotavento. A visita resultou moi divulgativa, permitindo ao alumnado coñecer distintas instalacións de enerxías renovables e técnicas de construción para o aforro enerxético.