O Teatro Principal de Ourense, escenario da rodaxe da curtometraxe "Cruel"
O Teatro Principal de Ourense foi esta semana o escenario no que se rodaron algunhas das escenas da curtametraxe "Cruel". O alumnado do último curso do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos ultima agora a postprodución deste proxecto de grande intensidade emocional e que protagoniza Dante, un mozo que loita contra unha grave depresión.

