Aula Newton Galicia
O alumnado de 1º e 2º de Sistemas de Telecomunicacións e informáticos, asistiu á aula Newton Galicia para coñecer conceptos básicos en aeronáutica, comunicacións e pilotaxe de aeronaves facendo prácticas nos simuladores de voo dos que se dispón nesta gran aula.
Resultou unha xornada bastante produtiva e divertida na que se puxeron a proba as habilidades dos alumnos e alumnas dun xeito diferente.
Agradecer aos instrutores David, Santi e á organización da aula esta xornada única que nos ofreceron e as súas atencións para con nós.




