ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Arranca a rodaxe do documental "A flor da camelia" no Pazo de Cascaxide

Un grupo de alumnos e alumnas do Ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos desprazouse ao Pazo de Cascaxide (Silleda), para iniciar a rodaxe do documental "A flor da camelia", que relata a conmovedora historia de Juan González, bisavó da produtora do proxecto audiovisual, Elizabeth Barreiro. Tal e como ela mesma explica, "o obxectivo da obra é amosar á sociedade valores como a resiliencia". E é que Juan González comezou unha nova vida no Pazo de Cascaxide cando era só un neno e tras saír dun orfanato de Lugo.