ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

14 de febreiro: día da amizade

🌟💖 Celebramos o poder da linguaxe positiva no CIFP A Farixa! 💖🌟
 
Este 14 de febreIro, o noso incrible profesorado do equipo de benestar levou adiante unha actividade especial nas súas aulas aproveitando o día de San Valentín. 💌✨
 
Cada docente traballou co seu alumnado para fomentar un ambiente de apoio e agarimo, promovendo o uso de palabras amables e xestos positivos entre compañeiros/as. 💬🤗
 
Cremos que un simple "grazas" ou un "gústame a túa forma de ser" pode facer unha gran diferenza no día a día. Xuntos/as estamos construíndo un espazo onde todas e todos se sintan valoradas/os e respetadas/os! 🌈❤️
 
#cifpafarixa #LinguaxePositiva #amor-amizade #Benestar