ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

O alumnado de Turismo coñece a oferta ENOTURÍSTICA do destino RIBEIRO

O pasado 26 de novembro o alumnado de Turismo coñeceu en primeira man o destino enoturístico RIBEIRO.

A xornada foi moi enriquecedora e contou con programa de actividades completo e variado. Así, comezou cunha interesante visita guiada ao MUSEO DO VIÑO DE GALICIA; para continuar coa visita guiada á cooperativa VIÑA COSTEIRA, a cargo da responsable do departamento de ENOTURISMO, Fátima Nóvoa, e da guía de adega, ambas ex-alumnas do CIFP A Farixa. A xornada rematou visitando a oficina de Turismo de Ribadavia e conversando sobre Xestión sostible de Destinos turísticos co encargado da oficina, Antonio Míguez, colaborador habitual do noso centro. Asemade, o alumnado puido coñecer de primeira man instrumentos de interpretación do patrimonio, como as radioguías, na súa visita por libre ao castelo de Ribadavia.

¡GRACIAS a tod@s por acollernos tan ben, neste histórico e rico territorio galego!