ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita Guiada por Ourense

Os/As alumnos/as de 3º Dual do CS de Guía, Información e Asistencia Turística levaron a cabo unha enriquecedora visita guiada pola cidade de Ourense dirixida ao alumnado de turismo do CIFP A Farixa. A actividade tivo como obxectivo ofrecer ao alumnado unha experiencia educativa que lles permita coñecer máis a fondo a historia e as lendas máis significativas desta cidade.
 
Ao longo do percorrido, o alumnado tivo a oportunidade de explorar as lendas e historias que esconde o Casco Histórico, o Parque de San Lázaro, a Catedral de San Martiño e as Burgas. A visita desenvolveuse nun ambiente dinámico e foi deseñada para complementar a formación dos estudantes.