ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Colaboración Premios Toxiño D´Ouro na Escola de Hostalaría de Vilamarín

Este mércores, día 26, tivo lugar na Escola de Hostalaría de Vilamarín a primeria entrega dos premios Toxiño D´Ouro que recoñecen a labor dos futuros profesionais da restauración así coma dos seus mestres.
 
Entre os nomeados estaba unha pequena selección do alumnado, parte do profesorado e tamén unha representación de persoal non laboral do propio centro. Recoñecéronse labores como a excelencia no servizo, a "maxia" na pastelaría, mestura de sabores na cociña ou a actitude verde nos procesos da restauración...
 
Tamén houbo dous premios honoríficos a dous profesores da escola. Un de Hostelaría e Turismo e outro de Cociña e Pastelaría. Todo enmarcado nun cocktail posterior onde as autoridades e os agasallados puideron desfrutar dos pratos, tradicionais e innovadores, dos alumnos e alumnas da escola. Entre os/as convidados/as máis representativos, Eugenia Pérez, directora xeral da FP, o delegado territorial da xunta en Ourense, Manuel Pardo ou o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez Vázquez.
 
O director do CIFP A Farixa, José Manuel Paredes, tamén gozou do evento rodeado de compañeiros/as do sector da educación e alumnos/as desta escola, pertencentes ó 2º curso do módulo de Videodisc-jockey e Son, que colaboraron coa imaxe e ambientación musical. Noé Cárcamo, Xián Conde, Ismael Moreno e Rubén Santos foron os encargados de elixir a mellor música para amenizar o cóctel. June Rodríguez e Joao Pereira gravaron coas cámaras de vídeo e Yaiza Yáñez e Lucía Gutiérrez retrataron aos asistentes e persoal da escola.
 
Outros colaboradores no acto foron os alumnos do IES 12 de Octubre encargados dos peiteados e a maquillaxe dos nominados e tamén alumnos do CIFP A Carballeira que fixeron voar drons.