ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita ao destino turístico transfronterizo EUROCITY CHAVES-VERÍN

O pasado 31 de outubro de 2024, o alumnado de Turismo, acompañado de parte do seu profesorado, despra⁶zouse á rexión do Alto Támega para coñecer este destino turístico transfronteirizo tan rico en patrimonio natural, gastronómico e cultural. A data foi elixida para coincidir coa Feira de SANTOS, unha das máis grandes festas de rúa, en Portugal. 
 
Nesta saída formativa a primeira parada foi na sede da Eurocidade Chaves-Verín, situada no antigo posto aduaneiro. Alí foron recibidos por Pablo Rivera Búa, Director da entidade, e por Nidia, encargada de comunicación. O Cross Border InfoPoint (CBIP) é un punto de referencia para quen procura información turística sobre este territorio, así como sobre outros temas relacionados coa conexión social, económica e cultural.
Trala proxección dun vídeo coa historia desta entidade, os responsables mostraron ao alumnado as instalacións, profundizando especialmente na oficina de turismo, chea de paneis interactivos e de última vangarda. A segunda parada da xornada foi no Parque Penaventura, onde os xerentes recibiron ao grupo, dando unha conferencia sobre xestión sostible de parques de aventura en espazos naturais. Asemade, realizaron dúas das actividades máis coñecidas do parque: Fantasticable e Alpine Coaster. 
 
Tras esta intensa e emocionante mañá, o grupo desprazouse ata Chaves, para desfrutar dun marabilloso almorzo no Hotel Monumento Forte de San Francisco, antigo forte defensivo, exemplo de Patrimonio cultural defensivo. Así, coñeceron parte do patrimonio enogastronómico da rexión, salientando o turismo enogastronómico, que tanta importancia ten nos territorios transfronteirizos. E despois de coller forzas, foi a quenda da visita guiada á cidade de Chaves, e aos seus museos, destacando o Museo das Termas Romanas.
 
UM GOSTO, PORTUGAL! OBRIGADA!