Exhibición de Freestyle no Campus da Universidade coa colaboración de alumnado do CIFP A Farixa
Un grupo de alumnos/as e exalumnos /as dos ciclos de VídeoDj e Son e de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa está a traballar para o primeiro Desafío, un evento de improvisación e exhibición de Freestyle que terá lugar nos xardíns da Universidade de Vigo, Compus Ourense, este venres 9 de Maio ás 20:00h.
O evento, con entrada libre, enfrontará a algunhas das voces destacadas da escena urbana ourensá e está impulsado por Radio Liverdade en colaboración coa MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), a Vicerreitoría do Campus de Ourense e o CIFP A Farixa.
O alumnado apoiará o evento en tarefas de produción, produción técnica e documentación gráfica e visual.
