ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Alumnas e alumnos de produción de audiovisuais participan no OUFF

O alumnado de Produción de Audiovisuais e Espectáculos está a participar de xeito moi intenso nesta edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, a través dun convenio de colaboración que permite que un grupo de alumnas/os de segundo curso asistan como voluntarias/os nos equipos de produción do evento. 

A súa vez, dous equipos están a participar na residencia creativa Faíscas, coa produción e rodaxe de dúas curtametraxes que serán presentadas o sábado, 5 de outubro, ás 17:00h no Centro Cultural Marcos Valcárcel.