ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita á Biblioteca Pública Nós

O alumnado de 1º de Vídeo Disc-Jockey e Son tivo unha mañá moi movidiña (e nunca mellor dito!) na Biblioteca Pública Nós. Alí coñeceron como funciona, que servizos ofrece e todo o que se cociña entre os seus estantes: clubs de lectura, obradoiros, exposicións… unha chea de posibilidades! 
 
Algúns aproveitaron para facer o carné, outros apuntáronse ao obradoiro de ilustración, e máis dun saíu con libros e videoxogos en préstamo baixo o brazo. E como en toda boa historia, non faltou a aventura: foise a luz! Un apagón momentáneo que converteu a visita nunha experiencia singular.
 
Moitas grazas a todo o equipo da Biblioteca Nós e, en especial, a Iria Miguélez pola súa acollida e por seguir demostrando que as bibliotecas son espazos vivos, creativos e cheos de enerxía (aínda que ás veces falte a eléctrica!).