ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Celebramos o día das librarías visitando Re-read Ourense!

O alumnado de 1º e 2º de FPB de Electricidade e de 2º de FPB de Control de Acceso e Mantemento de Instalacións Deportivas visitou a libraría de segunda man Re-read de Ourense, onde Isa nos recibiu cun sorriso e nos contou a súa inspiradora historia emprendedora: como se reinventou tras a COVID, unindo a súa paixón pola lectura coa necesidade de atopar un traballo e o compromiso coas persoas e co medio ambiente. 

Cada estudante escolleu un libro ao seu gusto nesta libraría de segunda man, facendo seleccións magníficas e moi variadas. Unha experiencia única para dinamizar a lectura e achegarnos á maxia dos libros.

Grazas, Isa, por abrirnos as portas e por acollernos dun xeito tan especial!