ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Xornadas de desenvolmento local

O desenvolmento local nas cidades é vital para a súa evolución e máis se falamos do desenvolvemento turístico da provincia de Ourense, cun notorio incremento de turistas no último ano. Dende o centro quixemos pór en relevancia o esforzo que se está a realizar dende as diferentes entidades que traballan neste eido e, por iso, este xoves levamos a cabo as Xornadas de desenvolvento turístico local onde tivemos a oportunidade de coñecer que se está a facer para o fomento e promoción do noso.
 
Contamos coa presenza e participación de Beatriz Martínez (Xerente de ADERCOU), Emma González (Xerente do INORDE) e de Belén Gómez (Xefa de turismo da área termal da Axencia de Turismo de Galicia). Un panel á altura de todas as accións que se puxeron e se están a pór en marcha en Ourense, ofrecendo produtos innovadores mesturados coa tradición, mellora da calidade turística e difusión ao exterior do que ofrece a nosa terra.