Visita guiada en francés "Circuit de Noël"
O 2 de decembro, o alumnado do segundo curso de Guía, Información e Asistencia Turísticas e o terceiro curso da dobre titulación en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e en Guía, Información e Asistencia Turística e oferta parcial de Xestión de Aloxamentos Turísticos visitou o casco vello de Ourense con outra mirada relacionada co Nadal. A guía, Rosa Dorado Guías, revelounos segredos e detalles que descoñeciamos da cidade. Esta experiencia serviunos ademais para aprender e practicar a lingua francesa de forma inmersiva e contextualizada.




