ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Skills Training de Recepción Hoteleira: unha xornada para lembrar

O pasado xoves tivemos a oportunidade de participar no I Skills Training de Recepción Hoteleira, organizado no @cifpma, unha xornada que foi todo un éxito e un magnífico exemplo de formación práctica e colaborativa.
 
Desde o CIFP A Farixa queremos dar os parabéns ao CIFP Manuel Antonio polo excelente traballo realizado, así como felicitar ao alumnado e ao profesorado implicados pola súa profesionalidade, implicación e bo facer ao longo de toda a actividade.
 
Foi unha experiencia formativa moi enriquecedora, na que compartimos aprendizaxes e boas prácticas xunto con outros centros da Comunidade Autónoma de Galicia, como o CIFP Compostela, o CIFP Paseo das Pontes, IES Río Cabe, o CIFP Carlos Oroza e o CIFP de Vilamarín, reforzando a colaboración entre centros de FP.
 
Grazas por contar con nós e por seguir construíndo, en rede, unha FP de calidade. ?
 
#SkillsTraining #RecepciónHoteleira #FPGalicia#cifpma #cifpcompostela #cifppaseodaspontes #iesriocabe #cifpcarlosoroza #cifpma #cifpdevilamarin #cifpafarixa #FPDual #FPFormacionProfesional #fpgalega #construindoFPcalidade #aprendendosenparar #aprenderfacendo #facendoequipo