ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita á Central Hidroeléctrica de Belesar

O pasado 20 de Xaneiro o alumnado do 1º curso do GS de Robótica tivo a oportunidade de visitar a Central Hidroeléctrica de Belesar. Carlota, a nosa guía de Naturgy, mostrounos as instalacións e o seu funcionamento. Exploramos a enorme caverna excavada na rocha que aloxa as máquinas xeradoras de Belesar I e Belesar II. Ao final da visita puidemos asistir á vista da presa de tipo bóveda de 133 m dende a parte máis baixa preto dos aliviadeiros.