ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Lecturas solidarias: "Postales agarimosas" para os residentes do Centro Interxeneracional da Fundación Amacio Ortega de Ourense

Hoxe, 3 de marzo de 2026, realizamos a nosa primeira visita ao Centro Interxeneracional da Fudación Amancio Ortega na Farixa (Ourense), unha iniciativa que nade da colaboración entre o IES As Lagoase o CIFP A Farixa, ambos integrantes da Rede de Escolas Solidarias (PLan Proxecta). 

Neste programa de colaboración estreamos o calendario de actividades con “Postais agarimosas polo Día de San Valentín”. O alumnado  preparou con moito cariño postais, pequenos agasallos e mensaxes cheas de cariño para os residentes, que fomos a entregarlles en man. Tivemos a oportunidade de coñecelos e pasar con eles  uns momentos emocionantes, compartindo historias de vida con todos eles. 

A próxima cita será a actividade "Lecturas que acompañan", na que o alumnado fará unha lectura de poemas que prepararán nas súas aulas durante este mes. 

E mentres non chega o día, convidámosvos a escoitar os Podcast solidarios do proxecto. Podedes escoitar os contos e poesías que se están a gravar na Radio de Polos Creativos do Ies as Lagoas, disponibles no Ivoox e na Canle de Youtube: