ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Unha xornada máxica de poesía en Seixalbo

O sábado, 21 de marzo, Día da Poesía, non foi un día calquera para a comunidade do CIFP A Farixa. Grazas á colaboración entre o noso centro e a Asociación Cultural Agromadas, de Seixalbo, e dentro do progrrama Lectura e Familias, vivimos unha experiencia inesquecible.

Os/As participantes gozamos dun fermoso paseo polas rúas de Seixalbo, no que fomos lendo en voz alta diversos poemas que se atopaban expostos polas rúas do pobo, que se converteu neste día nunha biblioteca aberta ao aire libre.

A lectura compartida foi o fío condutor dunha tarde na que participaron activamente as familias, os membros de Agromadas, os/as veciños/as de Seixalbo e os/as nosos/as incansables voluntarios e voluntarias da Biblioteca do CIFP A Farixa.

Un dos momentos máis especiais da xornada para a nosa comunidade escolar foi poder escoitar e ler creacións "da casa". Tivemos a sorte de contar con dúas poesías da nosa voluntaria e poeta @soysilviadominguez, que puxeron voz e alma ao talento da nosa comunidade..

O evento rematou coa degustación dun chocolate con churros ao tempo que aproveitamos para intercambiar impresións, rir e fortalecer os vínculos entre a escola, as familias e o tecido cultural de Seixalbo.

Grazas a todos/as os/as que nos acompañastes nesta actividade! E grazas en especial á Asociación Cultural Agromadas polo convite a colaborar nesta actividade!