ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Un marciano vén a verme

🌍👽 Que pasaría se un marciano chegase á Terra sen entender as nosas normas, emocións ou formas de relacionarnos?

No CIFP A Farixa tivemos a oportunidade de reflexionar sobre a convivencia, o respecto e o benestar emocional a través do obradoiro “Un marciano vén a verme”, desenvolvido por Tacto con Tacto da man de Pablo e Aldara.

A través de dinámicas participativas, retos grupais e espazos de diálogo, o alumnado puido poñerse no lugar do outro, comprender diferentes formas de sentir e pensar, e traballar habilidades fundamentais como a escoita, a empatía, o respecto e a cooperación.

Porque a prevención do acoso e da violencia nas aulas non pasa só por actuar cando aparece o conflito, senón tamén por construír contornas máis conscientes, humanas e respectuosas no día a día. 💫

Grazas a Tacto con Tacto por acompañarnos nesta experiencia tan enriquecedora e ao noso alumnado pola súa implicación e participación 👏

#BenestarEmocional #Convivencia #CIFPAFarixa #Educación #FP #Respecto #Empatía #SaúdeEmocional #Obradoiros #Inclusión