Visita do alumnado de imaxe e son á CSAG
O alumnado de primeiro de Vídeo DJ e Son e de Produción de audiovisuais e espectáculos do CIFP A Farixa visitou hoxe as instalacións da Radio Galega e da Televisión de Galicia, onde puideron coñecer máis de preto as dinámicas e complexas necesidades técnicas para levar a cabo a programación dos dous organismos de servizo público. Durante a visita, o servizo de Relacións Públicas da CSAG, ao que agradecemos a súa amabilidade, fixo un percorrido co alumnado por todas as instalacións, tanto platós como espazos técnicos e estudos de radio, no que foi posible confraternizar cos profesionais e mesmo asistir a unha pequena actuación en directo do grupo Eladio y los Seres Queridos.


