ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Encontro de Correspondentes Xuvenís no IES As Lagoas

O alumnado Correspondente Xuvenil do CIFP A Farixa vistou o IES As Lagoas para encontrarse co seu grupo de correspondentes xuvenís. Este curso levamos a cabo xunto a eles/as o proxecto “Lecturas que acompañan”, en colaboración co Centro Interxeracional Amancio Ortega de Ourense, polo que esta xornada supuxo tamén unha oportunidade para fortalecer vínculos e seguir tecendo redes.

Durante a visita, tivemos ocasión de participar nun percorrido guiado pola exposición “10 de marzo de 1972: a mirada artística de Xaime Quessada”, unha mostra que aborda a represión laboral e social vivida durante a ditadura franquista, e a protesta do 10 de marzo de 1972 en Ferrol que rematou coa morte de dous manifestantes.

Noraboa ao alumnado Correspondente Xuvenil do IES As Lagoas, que foi o encargado de guiarnos pola exposición. As súas explicacións fixeron a experiencia entretida e memorable.

A xornada continuou coa visita á radio ecolóxica do centro, un espazo singular que naceu dos proxectos do bacharelato STEMbach. Os dous grupos de correspondentes participaron na gravación dun podcast conxunto arredor da exposición. Moi pronto poderemos escoitar o resultado deste traballo.