ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita programa Atrévete - CEIP Vicente Risco, de Cualedro, e do CEIP Saco e Arce, de Toén.

O alumnado de Turismo organizou a visita e un Kahoot.
Con Montserrat Padrón, de FOL, fixeron unha actividade de risco no emprendemento, para o que utilizaron globos.
A xerente e o presidente da Asociación de Empresarios do polígono de San Cibrao (Yolanda López e J. Antonio Rguez.) responderon a preguntas que propuxeron as/os participantes.
Despois de visitar as instalacións de diferentes familias profesionais, terminaron en Acondicionamento Físico con Cristrina Fdez.
Na despedida entregáronselles uns agasallos como recordo e gratitude polo participativos/as que estiveron.

CEIP Vicente Risco de Cualedro


 

CEIP Vicente Risco de Cualedro


 

CEIP Saco e Arce de Toén


CEIP Saco e Arce de Toén







 

Visita a los tanques de tormentas y bombeo de O Couto

Os alumnos do primeiro curso de Sistemas de Telecomunucacións e informáticos fixeron unha visita ao Bombeo de O Couto. O bombeo máis importante de Ourense en canto o transporte da auga residual dende a cidade hasta a Depuradora de Reza.

Tamén poideron coñecer varios Tanques de tormentas sitos nas marxes do río Barbaña, e alí poideron facer probas cos sistemas de comunicacións que están a desenrrolar para presentar nas Olimpiadas de Telecomunicacións entre dous dos tanques.

Agradecer a gran acollida e amabilidade prestada por Iván e Santi e as súas explicacións do funcionamento das instalacións, dous grandísimos profesionais.


Tanque de tormentas Ponte Pedriñas


Bombeo de O Couto


 

Pruebas realizadas co equipo emisor, en TT Ponte Lebrón

                                           

Pruebas realizadas co equipo receptor, en TT Ponte Lebrón


As visitas foron realizadas tendo en conta o medio ambente… (Un pouqiño a pé e outro andando)

                  

         

Visita ás oficinas de RESTEL, unha das plataformas de distribución de viaxes líderes no sector turístico

O pasado 8 de marzo o alumnado dos Ciclos de Turismo de Axencias de Viaxes, Guías e DUAL, desplazámonos ata Chantada para coñecer as instalacións do Grupo Hotusa, e especialmente para coñecer de primeira man o funcionamento de RESTEL, como exemplo dunha das centrais de reservas B2B máis importantes na venta de aloxamento e servicios soltos.

O Grupo Hotusa conta con máis de 40 anos de experiencia e con máis de 5.000 empregados, estando en Barcelona o seu centro neurálxico. Está articulado en torno a tres unidades de negocio, que inclúen Keytel, especializada en facilitar servicios a hoteis independentes, Restel, orientada á distribución e por último Eurostars Hotel Company, a área de operación hoteleira. No ano 2012 abriu as súas oficinas en Chantada, onde traballan máis de 200 persoas.

Agradecemos a Flavio Sabato a súa maravillosa acollida nas instalacións de Chantada, nunha xornada matutina moi enriquecedora para o noso alumnado.




POLO MIÑO ABAIXO...FOMOS

Un día magnífico, quizabes a auga un pouco fría de máis, para desfrutar dunhas horas de convivencia e natureza.
Alumnado de FP Básica, primeiro do GM de Instalacións de Telecomunicacións e de segundo de Axencias e de Guías, xunto con profesorado desas familias profesionais foron ver se o límite entre Galicia e Portugal, o río Miño, aínda estaba aí. Tamén se vían algunha lamprea ou troita de pé e, de paso, facer rafting.
Todo ben. Unha mañá divertida pasada por auga.






Alumnado de 1º de VDJ e Produción visita a CRTVG

O alumnado de primeiro do ciclo medio de Vídeo DJ e Son e do ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos vén de visitar as instalacións da CRTVG en San Marcos (Santiago de Compostela), onde asistiu á gravación dos programas "Bos días" da TVG e do "Galicia por diante" de Radio Galega. Durante a visita puideron ver de primeira man a complexidade da realización de programas tanto de radio como de televisión e participar como espectadores.