ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

 Visita a FINSA

O martes, 14 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º curso de Automatización e Robótica Industrial participou na visita ás instalacións da empresa FINSA en Ourense, dedicada ao sector da transformación da madeira.

A actividade centrouse en mostrar ao noso alumnado a parte eléctrica (centro de transformación, salas de armarios de control eléctrico), as liñas de produción automatizadas (brazos robóticos, PLC,s) e a sala de control e monitorizacion de proceso




 

Visita a Genera 2023 en Madrid

O xoves, 23 de febreiro, os alumnos e as alumnas dos ciclos de Enerxías renovables, Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica e Proxectos de edificación, viaxaron a Madrid para visitar a feira da enerxía GENERA 2023. A visita resultou de gran proveito para o alumnado pois puideron ver algunhas das principais liñas de investigación do momento en materia de enerxías renovables e eficiencia enerxética.

Ademais puideron asistir a algunhas conferencias sobre os avances tecnolóxicos en curso sobre a enerxía eólica e achegarse ás empresas e profesionais do mundo da enerxía. Pola tarde, os alumnos e as alumnas de Proxectos de edificación aproveitaron para visitar algúns edificios emblemáticos do centro de Madrid.





 

Visita ao Museo Estrella Galicia e comida protocolo no CIFP Paseo das Pontes.

 

Os alumnos e alumnas de turismo do CIFP A Farixa disfrutaron dunha xornada formativa na cidade da Coruña. Comenzamos a visita no museo de Estrella Galicia ( MEGA ), un museo atractivo e suxerente que amosa un produto muy identificativo da nosa terra dada a súa expansión tanto nacional e internacional. A cervexa Estrella Galicia está asociada a nosa comunidade autónoma.


Despois continuamos cara ó CIFP Paseo das Pontes, onde os nosos compañeiros recibíronos cun cocktail de acollida e o profesor Marcos Moreira explicou xunto cos seus alumnos como se fai a montaxe das mesas e os diferentes tipos de servicio; de seguido almorzamos un menús degustación da man dos alumnos de cociña do centro.


Esta actividade está enmarcada no módulo de Protocolo e Relacións Públicas para ensinar partes do seu temario vivindo a experiencia, a mellor forma de aprendizaxe. " aprender facendo". 






 

Roteiro arqueolóxico-etnográfico Cibdá de Armea e Santa Mariña de Augas Santas

 

O alumnado de Turismo visitou esta semana o Conxunto Arqueolóxico e Monumental do Castro de Armea e a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), mediante un roteiro guiado por Noemi e Manuel de Xeitura.

Comezaron na igrexa románica de Santa Mariña de Augas Santas e despois, percorrendo parte do Camiño de Santiago rodeados de carballos centenarios, foron descubrindo, a través da historia e da lenda do martirio da Santa, unha realidade documentada que os levou ata o Castro de Armea, onde as excavacións anuais deixan á vista unha gran riqueza arqueolóxica.

 



 






 

Clase dirigida de tonificación y abdominales

Clase impartida polo monitor Fernando Alonso Rojo, sobre a tonificación e abdominais con soporte musical.