ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Feira de Automatización

O alumnado dos ciclos superiores de Sistemas de Telecomunicacion e informático e Automatización e Robótica Industrial, acompañado de profesorado destes ciclos ,visitou JAI 2022, feira de Automatización no recinto da Universidade de Vigo (visita a expositores e asistencia a conferencias) o que lles permitou coñecer as últimas novedades tecnoloxicas presentadas por empresas do sector.






Viaxe a Dublín

Ola a todas e a todos dende Dublín, onde estamos un grupo de alumnas e alumnos do CIFP A Farixa, de Ourense, realizando unha actividade de inmersión lingüística en inglés.

Ao chegar ao aeroporto estaban agardando por nós taxistas locais para levarnos xunto das nosas familias de acollida. Miña naiciña co acento dublinés! Tras cear coas "nosas familias" tivemos unha primeira toma de contacto coa cultura irlandesa no pub "The Confession Box" (lugar emblemático e de grande interese cultural debido á súa historia). Estivemos de palique con persoas da zona, moitas dos cales eran veteranas de guerra, e estivéronnos aconsellando e dando recomendacións sobre que facer en Dublín estes días. 



Visita á feira de Xantar

O alumnado dos ciclos de Turismo do CIFP A Farixa visitou a feira de Xantar, onde coñeceu e degustou a gastronomía dos distintos expositores probando novos sabores e produtos típicos nos stands participantes. Unha gran experiencia para recoñecer a importancia do turismo gastronómico.



Rafting

Descenso polo río Miño en compaña do alumnado do 2º curso de Acondicionamento Físico.







“Rutas ADERCOU"

Nestes primeros días de clase o alumnado de segundo de Turismo (Axencias de viaxes e xestión de eventos e Guía, información e asistencia turística),  vense mergullados nun proxecto de colaboración con ADERCOU (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) descubrindo as rutas de senderismo que ofrecen os nosos Concellos para reflectilas no anuario de ADERCOU 2022-2023 no que nos ilusionará ver pasar os meses!

 

Unha das fases para obter información fiable, é realizar un traballo de campo nas propias rutas para coñecer de primeira man as súas características, paisaxes e poder ofrecer recomendacións. Proba delo son estas fotos cedidas polo noso alumnado.

#Creando profesionais#