ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

 Samaín na Farixa'22

O pasado venres, día 4 de novembro, celebramos no CIFP A Farixa o Samaín, con concurso de decoración de cabazas, obradoiro de maquillaxe terrorífica a cargo de Almudena Martín Rodríguez (profesora do Departamento de Imaxe e Son) e animación musical no patio por parte do alumnado de Vídeo DJ e Son.

O gañador do concurso de cabazas foi Alejandro Fernández Blanco, e a segunda clasificada foi Andrea Stephanie Mosquera Alonzo. Ambas persoas recibiron o libro de relatos de terror Arrepío e un vale de 50 euros para gastar no comercio local.

               


                              


 

Vistia guiada básica por Ourense

Ourense ten moito que revelar aos seus visitantes a través do seu Patrimonio e nesta quenda, o alumnado de primeiro de axencias e de guías valoraron a arte e as técnicas da interpretación do Patrimonio nunha visita guiada realizada por José Ramón Gómez, guía da oficina municipal de Turismo de Ourense.

Nesta visita misturáronse a historia, as costumes sociais e relixiosas, as características dos distintos recursos ... coas técnicas e pautas profesionais para achegar dun xeito efectivo e atractivo o noso Patrimonio á sociedade.


             

Xornadas sobre distribución cinematrográfica

O alumnado do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos asistiu o pasado luns a unha interesante xornada organizada pola AGAPI sobre “Distribuidoras e axentes de vendas”, onde se abordaron cuestións como as distribuidoras de cine no panorama actual, o papel dos axentes de vendas ou a xestión das comunidades na explotación cinematográfica.




Visita alumnos VDJ e son ao Circo Tamberlick

Co gallo da visita do Circo Tamberlick á cidade, o alumnado de 2º de Vídeo DJ e Son tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as súas instalacións e recibir unha masterclass do seu responsable de iluminación, Manel. Dúas horas de explicacións que lles achegaron ao detalle a mecánica de funcionamento que hai detrás da espectacular posta en escena que terá lugar esta fin de semana en Expourense. 


                

Coloquio de ADERCOU co alumnado de Turismo

O alumnado dos ciclos de Turismo do CIFP A Farixa asistiu esta mañá a un coloquio con Beatriz Martínez, xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (ADERCOU), quen aproveitou para agradecer o traballo desenvolvido polo alumnado de segundo curso dos ciclos de Guía, Información e Asistencia Turísticas e de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos que participou na elaboración dunha guía de rutas de sendeirismo por distintos concellos da provincia de Ourense, conforme ao convenio asinado entre ADERCOU e o CIFP A Farixa.

Tamén participou, acompañando a Beatriz, unha ex alumna do centro e agora guía oficial de Xeitura, Noemí. Explicáronlle ao alumnado as posibilidades que hai na nosa provincia como futuros e futuras profesionais do sector turístico. Foi un encontro moi agradable onde o alumnado participou expoñendo as dificultades que atoparon durante a realización das rutas e as súas inquedanzas de cara ao seu futuro profesional.

Grazas por esta oportunidade de coñecer, de primeira man, a realidade turística dos concellos de Ourense. 

#cifpafarixa #fpgalicia #ourense #formacionprofesional #turismo #educacion #fpdual #ara