ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Visita a axencias de viaxes minoristas

O alumnado de 2º CS Dirección de Axencias de Viaxes tivo unha saída formativa, para coñecer de primeira man, varias das axencias de viaxes minoristas da cidade de Ourense. Foi unha xornada moi gratificante e enriquecedora na que poideron ver todo o relacionado coa organización e dirección dunha axencia de viaxes desta tipoloxía, así como o deseño e distribución física deste tipo de oficinas. Moitas grazas ao personal de Viaxes El Corte Inglés, Halcón Viaxes e Viaxes Piña pola amable, profesional e instructiva acollida.  



Visita a Santiago de Compostela

Xornada chea de información e consellos profesionais que de seguro vai ter en conta o noso alumnado de Turismo de cara á súa incorporación ao mundo laboral!

Grazas Fernando Mujico Caneda coordinador da Oficina de Turismo de Santiago por abrirnos a súas portas e darnos a coñecer como xestionan a información neste año Xacobeo asi coma o posicionamento do destino; a Pedro Rey, Guía Oficial de turismo, pola súa visita por Santiago e o sempre sorprendente Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e a Santiago Carrera Cal, Director do Parador de Gran Luxo de Santiago tamén coñecido como Hospital Real de Santiago de Compostela, por amosarnos as súas estancias, salòns, mobiliario e espazos arquitectónicos do século XV ademais de darnos a oportunidade de coñecer a complexa xestión e a actividade diaria do Parador.






Masterclass de dirección de actores de Jaime Chávarri

No contexto do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), o alumnado de 1º e 2º de Vídeo DJ e son do CIFP A Farixa asistiron á masterclass sobre dirección de actores do director español Jaime Chávarri, creador de filmes tan recoñecidos na historia do cinema patrio como "Las bicicletas son para el verano", "El desencanto" ou "Las cosas del querer".

Durante máis de tres horas os alumnos e alumnas do centro tiveron a oportunidade de ver a recreación de dúas escenas das películas "Un tranvía chamado desexo" e "A gata sobre o tellado de zinc" e as correccións do famoso director sobre a posta en escena das mesmas, participando ao final nun animado coloquio sobre a dirección de actores e a súa complexidade. 





XXII congreso Internacional de AECIT

O alumnado dos ciclos de turismo do CIFP A Farixa asistiu ao XXII Congreso Internacional AECIT, onde se trataron temas tan interesantes como a innovación, a dixitalización, a sostenibilidade e a ompetitividade no "Novo Turismo".

Estar en contacto con eventos coma este, axúdanos a medrar como profesionais do sector.


 

Rotoeiro pola provincia de Ourense

Os alumnos de Turismo do CIFP A Farixa fixeron o roteiro cinematográfico pola provincia de Ourense onde poderon visitar escenarios de diversas filmes rodadas en Ourense coma" Life is live", " El desorden que dejas"  " Elisa y Marcela" entre outras. Tamén poideron coñecer xoias que temos na nosa provincia e visitar distintas localidades coma Esgos, Allariz e Celanova. Tiveron a experiencia de coñecer en directo as paisaxes e lugares que a través do cinema promociona a provincia de Ourense coma un interesante destino turístico.