Recoñecendo a nosa contorna rural para poñela en valor como atractivo turístico da provincia
O alumnado de 1º e 2º curso do ciclo superior de Guía, información e asistencia turísticas e de 2º de AAVV e xestión de eventos, participou nunha actividade de sendeirismo de A Peroxa a Os Peares, almorzo e visita ao museo do Lebre e adega Vides Singulares grazas á colaboración do CIFP A Farixa e do CIFP Vilamarín con Adercou. Foi unha xornada moi interesante de recoñecemento da nosa contorna rural na que o alumnado, acompañado dos guías de Xeitura, descubriu diferentes recursos que se poden por en valor na nosa provincia e, durante a mesma, compartiron experiencias co alumnado do CIFP Vilamarín intercambiando intereses e inquietudes. Unha actividade moi enriquecedora e gratificante para todas e todos.
#cifpafarixa #turismo #fpgalicia #ourense #formacionprofesional #aprenderfacendo #Adercou