1º Premio Olimpiadas Teleco - alumnos de 1º de STI - 2024
O pasado 26 de abril, no salón de actos da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, celebráronse as II Olimpíadas de Telecomunicacións, na que resultaron gañadores os nosos alumnos.
Para esta edición case se duplicaron os equipos participantes, cunha afluencia de máis de 400 participantes. As presentacións realizáronse en conxunto cos equipos de bacharelato.
A fase estatal, na categoría de FP, celebrarase en liña entre o 13 e o 14 de maio.
Noraboa campións!! [notas de prensa] Reportaxe de Telemiño