ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Encontros literarios: falando con Marta Villar sobre a premiada novela “Detective Ferruchi”

O pasado martes tivo lugar na biblioteca o derradeiro encontro de este curso  do noso club de lectura “Papalibros” e foi un evento moi especial, xa que tivemos a inmensa honra de recibir a Marta Villar, a autora de "Detective Ferruchi", a novela que nos atrapou durante este trimestre e que foi recoñecida co prestigioso Premio Xerais de Novela 2024. Un luxo absoluto!! Marta Villar é periodista e redactora no periódico “La opinión”, de A Coruña.

Contóunos que o motivo polo que se decidiu a escribir unha novela foi que sempre lle gustou contar historias, pero no seu traballo de periodista non tiñan cabida todas aquelas que pululaban pola súa cabeza e que merecían ser contadas. E moitas son as historias sociais e humanas que aparecen no libro:  a emigración da "xeración dos avós", eses nenos e nenas que medraron sen a presenza diaria dos seus pais, e de como esa ausencia marcou para sempre a formación dos afectos e os vínculos familiares. as durísimas condicións laborais nas cooperativas téxtiles que naceron á sombra do imperio Inditex. os malos tratos nas relacións de parella. a inxusta discriminación que sufría a comunidade xitana, tamén no ámbito escolar. o fermoso e fráxil mundo dos libros e das librerías, e da loita titánica, pero inmensamente gratificante, que supón mantelas a flote. do mundo do xornalismo e as precarias condicións laborais do sector.

Como peche a unha conversa perfecta, unha das nosas talentosas integrantes do club agasallou a todos os asistentes cun fermoso marcapáxinas de crochet feito a man, un recordo tan persoal e coidado como a propia tertulia.

Esperámosvos na biblioteca para compartir máis lecturas e debates. E, por suposto, para que lle botedes unha ollada a “Detective Ferruchi”, esta




Encontro con autores: "Os corpos fráxiles" de Sofía Rovira

Hoxe veunos visitar a xove autora Sonia Ruvira para falar do seu libro "Os corpos fráxiles", e de moito máis!
 
Sonia é Licenciada en Psicoloxía e Filosofía, bailarina e agora está a facer o doutorando en literatura na Universidade de Yale. Compartiunos a viaxe que a levou a escribir a súa primeira novela. Confesa que sempre lle gustou escribir, e que se este libro viu a luz foi grazas á participación nun concurso de Aira Editorial, onde acadou o segundo posto. Axudáronlle moito o resto dos participantes no certame, xa que se facian suxestións e recomendacións os uns aos outros que enriqueceron as súas obras.
 
Agora xa está inmersa na escritura dunha segunda novela que explora as contradicións de personaxes que son líderes e loitan polo ben común pero que, na intimidade, revelan actitudes profundamente machistas. Esperamos ansiosos/as a súa publicación!!! 
 
Se aínda non coñeces "Os corpos fráxiles", non perdas a oportunidade de mergullarte nesta historia baseada no último ano de vida da avoa da autora! Nela abórdanse, entre outros, o tema das relacións entre netos e avós, así como o dos coidados a netos e avós. Tela dispoñible na biblioteca!



Remadas de equipo: xornada de Rafting e Convivencia do 1º de FP Básica

O descenso en rafting polo río Miño, á altura de Arbo, foi o núcleo da xornada.
Entre remuíños e rápidos, o alumnado e o profesorado de 1º de FP Básica “sincronizaron remadas e manobras “ para dominar a corrente.
A forza da auga e a adrenalina compartida esixiron comunicación clara e apoio mutuo a cada instante. Ese desafío colectivo xerou confianza espontánea e celebracións conxuntas tras cada tramo superado. Así, a convivencia xurdiu como consecuencia natural: estreitáronse lazos e apareceu o espírito de equipo.


Celebración do Día das Letras Galegas 2025

Un fiadeiro cheo de risas, cantigas e pandeiretas!

O venres 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicado á tradición oral, cunha actividade moi especial que nos fixo cantar, rir e sentirnos máis preto as nosas raíces.
 
Comezamos coa presentación do libro Risas e farras coas cantigas da avoa, da ourensá Sonia Moral Álvarez. A autora contounos que este libro é un sentido homenaxe á súa avoa, unha muller con memoria prodixiosa que gardaba na súa cabeza ducias de cantigas tradicionais, que son as recollidas neste libro. 
 
Aprendemos tamén o significado dunha palabra fermosa e chea de historia: fiadeiro. Un fiadeiro era moito máis ca unha reunión para fiar: era un encontro social onde a música, o baile e o canto eran os verdadeiros protagonistas. Un espazo de convivencia e transmisión oral que hoxe queremos recuperar e reivindicar.
 
Despois da presentación, tivo lugar o obradoiro de pandeireta e canto tradicional, no que o alumnado participou con moita ilusión e entusiasmo. Da man da autora e con moito ritmo, conseguimos cantar e tocar varias cantigas, incluída unha muiñeira que puxo a todos e todas a bater palmas e pés.
 
Foi unha experiencia emocionante, chea de aprendizaxe, memoria e comunidade. Dende a biblioteca, queremos agradecer a todas as persoas que participaron e, moi especialmente, a Sonia Moral por compartir connosco o seu libro, e a Eva Vaquero e Iria Fírvida polo obradoiro de pandeireta!



Exhibición de Freestyle no Campus da Universidade coa colaboración de alumnado do CIFP A Farixa

Un grupo de alumnos/as e exalumnos /as dos ciclos de VídeoDj e Son e de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa está a traballar para o primeiro Desafío, un evento de improvisación e exhibición de Freestyle que terá lugar nos xardíns da Universidade de Vigo, Compus Ourense, este venres 9 de Maio ás 20:00h. 
 
O evento, con entrada libre, enfrontará a algunhas das voces destacadas da escena urbana ourensá e está impulsado por Radio Liverdade en colaboración coa MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), a Vicerreitoría do Campus de Ourense e o CIFP A Farixa.
 
O alumnado apoiará o evento en tarefas de produción, produción técnica e documentación gráfica e visual.