A Formación en Centros de Traballo (FCT) e un módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Son prácticas de carácter non laboral e non remuneradas que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional.
Os obxectivos que se pretenden acadar son:
- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos.
- Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo.
- Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial.