ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Estudantes do CIFP A Farixa de Ourense gañan o Premio Nacional á proposta máis orixinal das 1ª Olimpíadas Teleco

 

O equipo do CIFP A Farixa  do 1º curso de Sistemas de Telecomiunicacións e informáticos, resultou gañador do premio naconal á proposta máis orixinal na final da I Olimpiada Teleco.  O equipo está Formado polos alumnanos Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Damián Cuquejo Fidalgo e Manuel Rodríguez Otero, baixo a coordinación do profesor Ricardo Ameijeiras Vázquez.

A I Olimpiada Nacional de Telecomunicaciones: Resolviendo retos de la sociedad, celebrou o pasado mércores 28 de xuño o acto de entrega de premios en formato online. Representantes do xurado destacaron a creatividade e innovación dos proxectos presentados por cerca dun millar de estudantes inscritos e salientraron o éxito desta primeira convocatoria dun evento que se propón estimular o interesse científico e tecnolóxico  entre o alumnado, dar a coñecer o mundo da inxeñería, fomentar o coñecemento dos campos da vida nos que están presentes as telecomunicación e como estas nos axudan no noso día a día.

O innovador proxecto dos estudantes, titulado "Sensorización de tanques de tormentas e colectores previos", alzouse entre os gañadores do evento logo de se ter clasificado na final galega o pasado 26 de maio. Este proxecto, desenvolvido no marco do módulo de Sistemas Informáticos e Redes Locais (SIRL), demostrou a integración eficaz das telecomunicacións na consecución do obxectivo de desenvolvemento sostible 11 da axenda 2030.

O traballo do alumnado foi desenvolvido con dúas placas ESP – 32 derivadas de Arduino, as cales encargáronse de emitir e recibir datos. O sistema permite medir o volume de auga en tanques de tormentas e os seus colectores previos, enviando esta información a un receptor no centro de bombeo da cidade. Esta solución innovadora facilita un control preventivo eficaz fronte a posibles inundacións ou fenómenos meteorolóxicos adversos como os que aconteceron estas pasados semanas na mesma cidade de Ourense e outras cidades do estado.

Os obxectivos do proxecto estaban aliñados coas metas do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 11, incluíndo a protección do patrimonio cultural e natural, a redución do risco de inundacións, a minimización de perdas económicas e a mellora na xestión de residuos municipais.

A vitoria neste evento é un fito importante para o CIFP A Farixa e demostra, segundo Jose Manuel Paredes, director do centro “a calidade da educación e a formación que se imparte no centro, cunha comunidade educativa implicada na transmisión de coñecemento entre o sistema escolar e a contorna, a innovación e a integración do alumnado en proxectos profesionais destacando que  comunidade educativa do CIFP A Farixa se enorgullece deste logro e felicita aos estudantes e os seus titoras pola súa dedicación e duro traballo.

+ INFO  


Participación a nivel nacional donde os nosos alumnos representan a Galiza

Os nosos alumnos de 1º curso de Sistemas Informáticos e de Telecomunicacións acaban de defender o seu proxecto sobre “Sensorización nos tanques de tormentas e colectores previos” diante do tribunal formado polos profesores das Universidades; Politécnica de Cartagena, Universidade Católica de Murcia e Universidade de Málaga.

A Escola de Enxeñería de Telecomunicación lanzou a inicios deste ano o reto de deseñar e desenvolver prototipos e solucións baseadas na telecomunicación e aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 11, ODS11 da Axenda 2030 referido ás cidades e comunidades sostibles.

A este reto responderon 256 estudantes de ESO, Bacharelato e FP de toda Galicia. O equipo formado polos estudantes do CIFP A Farixa, resultou gañador do primeiro premio na súa categoría da competición a nivel autonómico e representará a Galicia na fase Nacional, a cal se celebrará a finais do mes de Xuño

 




 

Entrevista en directo na radio COPE Ourense

Alumnos de 1º de STI, tras gañar as olimpíadas de Telecomunicacións son entrevistados en COPE radio en directo, por Juan Maceiras. . . //. . Mais información

 


 

1º Premio Olimpiadas Teleco - alumnos de 1º de STI

Un grupo de estudantes do CIFP A Farixa, de Ourense, conseguiron o primeiro premio na primeira edición das Olimpíadas Teleco e clasificáronse para a final estatal. Os alumnos, dirixidos polo profesor Ricardo Ameijeiras Vázquez, presentaron un proxecto titulado «Sensorización de tanques de tormentas e colectores previos»

Foi un traballo de innovación que os estudantes desenvolveron no marco do módulo de Sistemas Informáticos e Redes Locais (SIRL) e conseguiu, segundo o centro, o obxectivo de demostrar a «integración eficaz dás telecomunicacións na consecución do obxectivo de desenvolvemento sostible 11 dá axenda 2030».

Os alumnos utilizaron dúas placas coas que emitían e recibían datos. O sistema que desenvolveron permitía medir o volume de auga en tanques de tormentas e nos seus colectores previos. Esa información enviábase a un centro de bombeo da cidade. O proxecto facilita «un control preventivo eficaz fronte a posibles inundacións ou fenómenos meteorolóxicos adversos» como os que se viron en Ourense nos últimos días.

Para o CIFP A Farixa, a vitoria neste evento educativo é un fito importante. O centro representará a Galicia na final das Olimpíadas Teleco #ante representantes do resto de comunidades autónomas do Estado.   [notas de prensa]

 


 


 



 Notas de prensa